sábado, 24 de novembro de 2007

Proposta-Proxecto de programación para a organización do VII Encontro Internacional da MMM do 2008 en Vigo

PROGRAMACIÓN PARA A ORGANIZACIÓN DO VII ENCONTRO INTERNACIONAL DO 2008

A rede feminista mundial MMM realiza cada 2 anos o seu Encontro Internacional, que reúne delegadas dos cinco continentes. Para o ano 2008, este EI terá como sede a cidade de Vigo.

No VI EI que tivo lugar na cidade de Lima (Perú), onde a Coordenadora Galega enviou dúas delegadas, aprobouse o Plano Estratéxico da Rede para os anos 2006-2010. Este Plano Estratéxico dividiuse em catro bloques para a acción:
  • Paz e antimilitarismo
  • bem común e acceso aos recursos
  • Violencia contra as mulleres
  • Traballo
O Encontro que terá lugar em Vigo, realizarase no ecuador do Plano Estratéxico elaborado, polo que será momento de facer avaliación das actividades realizadas e obxectivos acadados. Aínda así, o campo de acción “Ben comuna e acceso aos recursos” será o centro da maior parte dos debates, xunto á elaboración dun calendario de accións mundiais para o ano 2010.

No noso proxecto, esperamos incorporar o feminismo que se desenvolve no noso país em ámbitos como o artístico, o institucional, o universitario, o activista ...


ESTRUTURA DO ENCONTRO
  • Escola de formación
  • Acollida das delegadas e Acto de Inaguración
  • Organización de grupos de debate, obradoiros e plenarios
  • Foro Público sobre Soberanía Alimentaria
  • Manifestación Nacional
  • Festa

ESCOLA DE FORMACIÓN

Nos días previos ao Encontro, prevese a realización dunha xornadas formativas, onde participarán algunhas das delegadas, e abertas ás mulleres da organización na Galiza.

Para a organización e desenvolvemento desta escola de formación, pretendemos contar coa colaboración das profesoras vinculadas aos campus universitarios galegos que desenvolven os difentes másters e estudos de xénero.

ACOLLIDA DAS DELEGADAS E ACTO DE INAGURACIÓN

Como se ven facendo em anteriores EI, pretendemos que o acto de acollemento e inaguración teña un forte carácter simbólico, que propicie e favoreza un ambiente de irmandade e entendemento entre as participantes.

Para este acto, contaremos coa experiencia e saber facer das compañeiras da organización “Mulleres Cristiás Galegas”.

ORGANIZACIÓN DE GRUPOS DE DEBATE, OBRADOIROS E PLENARIOS

Para facilitar o debate e a toma de decisións, o traballo das delegadas desenvolverase cunha metodoloxía que define dous momentos organizativos:
  • Grupos de detate e obradoiros
  • Plenarios
Hai que ter em conta a diversidade cultural e lingüística que traen consigo as delegadas que van a conformar a columna vertebral deste EI.

Para salvar esta circunstancia, organizaranse distintos grupos de debate em función das tres linguas utilizadas na Marcha Mundial das Mulleres: francés, castelán e inglés.

Ademáis dos grupos de debate, desenvolveranse distintos obradoiros para compartir as experiencias que traian as delegadas desde os seus países e rexións do mundo.

Pese a división dos grupos em bloques idiomáticos, non poderemos deixar de contar com servizos de tradución e interpretación


FORO PÚBLICO SOBRE SOBERANÍA ALIMENTARIA

Dado que un dos puntos principais deste EI será o debate sobre o campo de acción “Ben comun e acceso aos recursos”, e sobre todo porque este debate é novidoso en Europa, e está nos seus inicios a elaboración dun discurso de xénero en torno ao consumo e produción de alimentos, consideramos importante trasladar este debate á sociedade galega, a través deste Foro Público, no que, aproveitaremos a presenza de delegadas de todo o mundo com moita experiencia neste campo de acción.


MANIFESTACIÓN NACIONAL

Realizaremos unha convocatoria á mobilización masiva da sociedade galega de apoio aos desexos e proxectos para a transformación social que aporta o feminismo concretado e organizado na Marcha Mundial das Mulleres.

Este chamado á mobilización se concretará na realización dunha manifestación que marchará polas rúas de Vigo.

Ao remate da manifestación, contaremos coa axuda de mulleres artistas para a construción entre todas as participantes dun milladoiro, con toda a carga simbólica que implica esta figura tradicional galega.


FESTA


...............................................................

En canto á loxística, ter en conta:

  • - Publicidade
  • - Gabinete de prensa
  • - Visados
  • - Vacinas
  • - Comida e durmida
  • - Espazos para os grupos de traballo e plenarios
  • - Tradución e interpretación
  • - Transporte
  • - Anfitrionas/persoas de referencia
  • - Dinamizadoras
  • - que máis?

Para empezar a rodar:
  • - Creación de grupos de traballo en diferentes áreas
  • - Contratación de alomenos dúas mulleres desde como mínimo Xaneiro de 2008.
____________________

Quen Somos

A Marcha Mundial das Mulleres é un movemento mundial de accións feministas que reúne grupos de mulleres e organizacións que actúan para eliminar as causas que orixinan a pobreza e a violencia contra as mulleres. Nós loitamos contra todas as formas de desigualdade e de discriminación sufridas polas mulleres. Os nosos valores e as nosas accións visan un cambio político, económico e social. Os mesmos que se articulan ao redor da mundialización das solidariedades, a igualdade entre mulleres, entre mulleres e homes, e entre os pobos, o respecto e a valoración de liderado das mulleres e o fortalecemento das alianzas entre mulleres e cos outros movementos sociais..